Familia Isla Couto

A familia Isla Couto é orixinaria das parroquias de Arnois e Oca no concello da Estrada. O matrimonio de Fidel Isla e Manuela Couto viviu en Cambados, Vilagarcía de Arousa e Santiago Compostela, por mor dos destinos como gardacivil do pai. E desde 1923 residiu en Vigo.

Os seus fillos Ramiro, Fidel, Celso, Manuel e Xaime destacaron no eido comercial e empresarial e estiveron vinculados a iniciativas como o Instituto Bioquímico Miguel Servet, Zeltia, Cementos del Noroeste ou Almacenes El Pilar.

A militancia precoz de Ramiro e Xaime no nacionalismo galego motivou que a familia apoiase as iniciativas culturais do galeguismo como o Seminario de Estudos Galegos, Editorial Galaxia ou Fundación Penzol.