Arquivo e Biblioteca de Humanidades
Onde estamos
Arquivo e Biblioteca da Fundación
(pechado en agosto)
Arquivo da Fundación
En xaneiro de 2015 a Fundación Isla Couto asumiu o depósito e custodia da documentación persoal e profesional de Xaime e Ramiro Isla Couto. O Arquivo consta de dous fondos documentais que abranguen documentación persoal, correspondencia e fotografías relacionadas coa actividade política, cultural e empresarial de Xaime e Ramiro.
O Arquivo conta con máis de 12.000 documentos inventariados e catalogados grazas a axudas e subvencións da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o Ministerio de Cultura e o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática do Goberno de España.
Responsable do Arquivo: Ignacio Solla Covelo.
Biblioteca de Humanidades
A creación da Biblioteca respondeu ao desexo de Xaime Isla de dotar “unha Biblioteca de Ciencias Humanas de carácter interdisciplinar, ao servizo dos estudosos da realidade social e histórica de Galicia e da súa problemática actual”.
Orixinalmente, esta biblioteca ampliaba e complementaba a vella sección de economía da Biblioteca Penzol, fornecéndoa de obras fundamentais do pensamento universal na área das Humanidades.
A Biblioteca está dividida nas seguintes seccións:
A sección da Biblioteca dedicada ao desenvolvemento local e comunitario atópase instalada desde 2021 nun seminario da Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Este espazo serve ademais como lugar de encontro no campus universitario para avanzar nos fins de desenvolvemento social e económico da Fundación.
Responsable da Biblioteca: Ignacio Solla Covelo.
