Desenvolvemento social e económico

Coñecemento ao servizo do país

Promovemos iniciativas e alianzas orientadas ao benestar e prosperidade de Galicia a través do estudo, análise e mellora das condicións sociais e económicas e o equilibrio territorial de Galicia. Esta liña de traballo procura xerar coñecemento útil, rigoroso e transferible á sociedade. Dentro deste ámbito destacan dous observatorios impulsados pola Fundación, centrados na realidade enerxética, ambiental e comunitaria do país.

Observatorio Eólico de Galicia

Observatorio Eólico de Galicia

En alianza coa Fundación Juana de Vega, Universidade de Vigo e Fundación Paideia Galiza, ofrecemos investigación, información, asesoramento e consulta sobre os impactos territoriais, ambientais, sociais e económicos da enerxía eólica en Galicia.

Coñecer o proxecto →
Observatorio dos Montes en Man Común e Baldíos

Observatorio dos Montes en Man Común e Baldíos

En alianza coa Fundación Juana de Vega e a Universidade de Vigo, xeramos coñecemento e poñemos en valor a xestión comunal do monte en Galicia e Norte de Portugal.

Coñecer o proxecto →