Quen somos
Somos unha fundación cultural privada de interese galego que ten por obxectivo manter viva a memoria do labor da familia Isla Couto a prol do desenvolvemento social, económico e cultural de Galicia.
A nosa misión
A Fundación nace coa vontade de contribuír a “repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia” desde a afirmación da súa personalidade cultural e política mais desde a plena conciencia de que “Galicia é, foi e será obra de todos os galegos”, en verbas de Xaime Isla Couto.
Servir de apoio e estímulo para o desenvolvemento social e cultural da sociedade galega.
Estimular unha sociedade civil galega participativa e crítica.
Actuar como unha plataforma para o debate e a xeración de coñecemento respecto da realidade galega.
Servir como lugar de encontro e foro de debate para todos aqueles que se atopan comprometidos no labor de construír unha comunidade máis autónoma e participativa desde unha perspectiva humanista cristiá.
Historia
O 31 de decembro de 1987 Xaime Isla Couto, Cristina Novoa Pereira, Manuel Isla Couto e Celso Isla Couto constitúen a Fundación Isla Couto animados pola lembranza do seu finado irmán e cuñado Ramiro Isla Couto (1896-1987). Os seus anceios fundacionais inspiráronse nas que foran as angueiras básicas da vida de Ramiro Isla: o servizo a Galicia e o compromiso persoal coa recuperación da personalidade nacional e cultural galega.
O 30 de xuño de 1989 a Fundación Isla Couto é declarada e recoñecida pola Xunta de Galicia como fundación cultural privada e sen ánimo de lucro. O 1 de xullo de 1989 a Xunta de Galicia declara fundación de interese galego á Fundación Isla Couto (DOG nº 152 de 9 de agosto do 1989).
Composición actual do Padroado
Presidente
Secretario
