Arquivo e Biblioteca de Humanidades

Onde estamos

Arquivo e Biblioteca da Fundación

Consulta de fondos Para a consulta dos fondos da Fundación é necesario solicitar cita previa no teléfono indicado.
Enderezo Avda. de Madrid 44, Baixo, 36204 Vigo
Teléfono +34 986 437 106
Horario De luns a venres, de 10:00 a 14:00
(pechado en agosto)

Arquivo da Fundación

En xaneiro de 2015 a Fundación Isla Couto asumiu o depósito e custodia da documentación persoal e profesional de Xaime e Ramiro Isla Couto. O Arquivo consta de dous fondos documentais que abranguen documentación persoal, correspondencia e fotografías relacionadas coa actividade política, cultural e empresarial de Xaime e Ramiro.

O Arquivo conta con máis de 12.000 documentos inventariados e catalogados grazas a axudas e subvencións da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o Ministerio de Cultura e o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática do Goberno de España.

+12.000 documentos rexistrados na actualidade
≈15.000 documentos previstos coa plena catalogación

Responsable do Arquivo: Ignacio Solla Covelo.

Biblioteca de Humanidades

A creación da Biblioteca respondeu ao desexo de Xaime Isla de dotar “unha Biblioteca de Ciencias Humanas de carácter interdisciplinar, ao servizo dos estudosos da realidade social e histórica de Galicia e da súa problemática actual”.

Orixinalmente, esta biblioteca ampliaba e complementaba a vella sección de economía da Biblioteca Penzol, fornecéndoa de obras fundamentais do pensamento universal na área das Humanidades.

A Biblioteca está dividida nas seguintes seccións:

01 Ciencias Sociais
02 Ciencias Relixiosas e Espiritualidade
03 Ciencia Rexional, Nación, Cuestión Nacional e Nacionalismos

A sección da Biblioteca dedicada ao desenvolvemento local e comunitario atópase instalada desde 2021 nun seminario da Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Este espazo serve ademais como lugar de encontro no campus universitario para avanzar nos fins de desenvolvemento social e económico da Fundación.

Responsable da Biblioteca: Ignacio Solla Covelo.